Baiona proxecta “Los Futbolísimos” no seu cine ao aire libre

Baiona ofrece este luns 26 de agosto a película “Los Futbolísimos”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura. Será ás 23:00 horas na Praza do Concello. Trátase dunha comedia de aventuras protagonizada por unha cuadrilla de nenos que, por salvar ao seu equipo de fútbol, meteranse en todo tipo de problemas nos que o seu enxeño e a súa amizade serán postos a proba. O Soto Alto F.C. é o nome do equipo, e nel xogan, entre outros, Pakete, Camuñas, Angustias, Helena e Toni. Todos teñen unha misión fundamental: gañar os dous próximos partidos para evitar que a asociación de nais e pais de alumnos pechen o club. Se baixan a segunda, acabouse o equipo.

Anuncios