Baiona abre o proceso para a contratación dunha brigada forestal

O Concello de Baiona vén de abrir o procedemento para a selección de persoal temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, que estará integrada por 1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns forestais, no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019 cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

O ámbito de actuación será o municipal e intégranse no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal ao que pertence o municipio de Baiona. A actuación da brigada dará prioridade á extinción de incendios forestais respecto de outros traballos. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fóra do termo municipal de Baiona, conforme ao previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.

Os/as interesados/as deberán presentar as solicitudes, no modelo oficial que se facilitará nas Oficinas administrativas do Concello de Baiona e na súa páxina Web, no Rexistro Xeral. O prazo de presentación será de cinco días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia o pasado 20 de agosto. O contrato terá unha duración de 3 meses.

Anuncios