Gondomar clausura o Campus de Tenis con máis de 30 participantes

Un total de 35 pequenos e pequenas de Gondomar participaron esta semana nunha nova edición do Campus de Tenis, que por quinto ano organiza o Concello, a través da súa Concellería de Deportes, en colaboración co Club de Tenis Gondomar.

A iniciativa enmárcase dentro da aposta clara do executivo que dirixe Paco Ferreira polo apoio ao deporte base, e que se concreta nos numerosos campus deportivos que se desenvolven durante os meses estivais, como o de tenis que acaba de clausurarse.

Os pequenos e pequenas participantes ademais de iniciarse no tenis tamén contan cun programa complementario de actividades que lles permite gozar do seu tempo libre, como foron as clases de zumba, unha procura do tesouro ou unha gran festa de despedida para despedir o campus.

O rexedor Paco Ferreira e a responsable da área de Deportes, Nuria Lameiro, despediron a estes pequenos deportistas cuxas idades oscilan entre os 4 e os 13 anos, e que durante toda a semana demostraron ter moi boa man neste deporte.

Anuncios