Cine ao aire libre en Sabarís

A Concellería de Cultura de Baiona ofrece este venres 23 de agosto en Sabarís a película “Tomb Raider”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019. Será ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval. Lara Croft, a independente filla dun excéntrico aventureiro que desapareceu cando ela era apenas unha adolescente, converteuse nunha moza de 21 anos sen ningún propósito na vida. Ábrese paso polas caóticas rúas do East London, o barrio de moda, como mensaxeira en bicicleta, un traballo que apenas lle dá para pagar o aluguer. Decidida a forxar o seu propio camiño, négase a tomar as rendas do imperio empresarial do seu pai, coa mesma firmeza que se nega a recoñecer que el se foi para sempre. Un día Lara decide deixar atrás todo e ir en busca do último paradoiro coñecido do seu pai: unha lendaria tumba nunha illa mítica que podería estar nalgún lugar da costa de Xapón…

Anuncios