Sin categoría

Aberto o prazo de inscrición para o campus de iniciación ao fútbol sala de Nigrán

Todo preparado para o primeiro campus de iniciación ao fútbol sala, organizado polo Panxón Nigrán FS en colaboración co Concello de Nigrán, dirixido a nenos e nenas nacidos desde 2010 ata 2015, que poderán divertirse e gozar do deporte, a través de xogos e actividades, e iniciarse na práctica do fútbol sala. O campus desenvolverase do 2 ao 6 de setembro nas instalacións do Pavillón Municipal de Panxón en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O campus ten un custo de 25 euros, incluíndo merenda e seguro. As inscricións deben realizarse na oficina de atención ao cidadán do Concello de Nigrán, ata o venres 30 de agosto de 2019, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, teléfono 986 365 000, correo electrónico cultura@nigran.org. Para obter información adicional contactar con Ramón Pérez no teléfono 654 16 88 76 ou enviar un correo electrónico a panxonnigranfs@gmail.com.

Para formalizar a inscrición débese entregar no Concello a Folla de Inscrición cumprimentada (debe recollerse no Concello); fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a; fotocopia do DNI do neno/a ou libro de familia; xustificante bancario do ingreso, ou transferencia, en conta correspondente ao campus: CaixaBank ES40 2100 4790 4102 0016 9369 (oficina Nigrán).