Reunión da Asociación de Escolas de Surf de Patos

A praia de Patos acolleu a primeira xornada AEESP de monitores e directores de todas as escolas que forman a Asociación de Escolas de Surf de Patos en presenza do Presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez.

A cea e reunión tivo como fin principal avaliar os méritos da ASEEP no seu segundo ano e planificar as actividades e melloras do sector para o futuro. Unhas propostas encamiñadas a achegar un valor engadido aos asociados como a todos os seus clientes e traballadores.

O futuro deste sector, un alicerce sólido e de gran tradición en Nigrán, ciméntase a través do bo uso dos recursos naturais existentes, a mellora da actividade e a convivencia de todas as escolas, clubs, eventos e surfeiros libres.

A ASEEP conta coa participación de cinco entidades: Prado Surf, Patos Surf Galicia, La Conservera del Surf, Point Break e Txoco Surf Schola.

A asociación é unha grata realidade e leva a cabo máis de 50 eventos anuais de carácter local, nacional e internacional, desde competicións, festivais ou formación e conta con máis de 100 empregados e expertos que crearon unha estrutura de traballo estable e activa na Praia de Patos.

Anuncios