O Concello de Baiona tamén realiza melloras no CPI de Cova Terreña

O Concello de Baiona vén de realizar diversos traballos no CPI de Cova Terreña para mellorar as condicións deste centro. Unha das primeiras peticións que recibiu Carlos Gómez como alcalde foi a realizada por Isabel Martínez, directora do colexio. Nela solicitaba unhas instalacións adecuadas para gardar e cargar os ordenadores portátiles que utilizan os alumnos para as súas clases. Para axudar tanto ao centro como aos estudantes o Concello de Baiona converteu uns ocos, baleiros e sen uso, en catro armarios con 240 postos de carga para PC. Ademais, instaláronse temporizadores para repartir os tempos de carga e non saturar a rede eléctrica. Por outra banda, colocáronse 18 novos asentos nas bancadas do seu pavillón deportivo. Carlos Gómez considera que a educación e as novas tecnoloxías son esenciais para que as novas xeracións baionesas teñan o futuro que merecen.

Anuncios