Festa ibicenca en Praia América para despedir o verán

O Concello de Nigrán e o ximnasio Plaza Fitness Sport Center organizan este venres 23 de agosto a III Summer Bye desde as 21:00 horas en Praia América. Os asistentes deberán ir vestidos de branco para esta festa que contará con Dj, petiscos, bar e unha sesión especial de zumba cos instrutores Vane Pérez, Francisco Mourelos, Bruno Hermida, Nuria Gómez, Nuria Mendes, Begoña Lopez, Álex Casar, Claudio Valverde e Ana Freire.

Anuncios