Xeira polos cumes da Groba en Baiona

O xoves 22 de agosto terá lugar a penúltima xeira dentro do programa das Xeiras de Verán 2019 do IEM coa colaboración do Concello de Baiona, titulada “Polos cumes da Groba. O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo”, que será guiada por Xosé Ramón García e Xilberte Manso de la Torre. O punto de encontro será ás 18:30 horas en Chan da Lagoa. O percorrido, cunha duración aproximada de 3 horas, estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos.