Sin categoría

O “Rilla na Rúa” chega a Baiona este venres

A feira gastronómica itinerante máis importante de Galicia chega a Baiona esta fin de semana. Dende este venres ata o domingo, o “Rilla na rúa” instalarase no Parque da Palma da localidade.

Dez foodtrucks con diversas propostas gastronómicas e unha ampla programación pensada para todas as idades, fan do “Rilla na rúa”, dende hai tres anos, unha das citas imprescindibles do verán en Galicia. Miles de persoas de distintas localidades galegas desfrutaron xa da ampla programación de lecer que oferta esta feira.

Ademais dunha ampla oferta gastronómica, o “Rilla na Rúa” programa distintas propostas: a música estará presente da man de distintos Djs e os concertos de grupos como Pega Negra (venres), Algo pasa con Mery (sábado) e La Supersónic (domingo).

Tamén haberá actividades infantís (obradoiros, pinta mandilóns, maquillaxe, estampación) e o Monkey Market, con dez postos nos que se poñen á venda produtos de artesanía.

O “Rilla na Rúa”, organizado pola empresa promotora de eventos Elemental Street, conta coa colaboración do Concello de Baiona, Deputación de Pontevedra, Mahou e Deleite.

RILLA NA RÚA