O Baíña FS enfróntase este domingo ao SD Pazos na Copa Galicia

Este ano a tempada arranca antes para o Baíña Fútbol Sala xa que a Copa Galicia será o domingo 25 de agosto e o rival será o SD Pazos, actual campión da terceira nacional. A eliminatoria será a partido único e xogarase ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona.

A presidenta do club, Ana Iglesias, considera unha gran nova o sorteo da Copa Galicia, xa que é todo un privilexio recibir ao actual campión e un club histórico da provincia como é o Pazos e espera que a afección responda para vivir un gran partido de fútbol sala.

Tamén saíu o calendario da liga regular de Terceira. O Baíña arrancará en Bueu o 21 de setembro e o seu primeiro partido en casa será contra o Padrón.