Diego Casaleiro incorpórase ao equipo do Gondomar CF

O mediocentro de 25 anos Diego Casaleiro Pousadela, natural de Tomiño, convértese na décimo terceira fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Tomiño, posteriormente pasou ao Tebra, onde militou durante seis tempadas.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostei por vir ao Gondomar porque paréceme un bo Club e non se merece estar onde está. O que máis me chama a atención do Club son as instalacións, que me parecen moi boas, e o trato. Á afección dicirlle que espero que sexa un ano bo e bonito, e que se poida cumprir co desexo que todos queremos, que é ascender o equipo a primeira”.

Anuncios