Camos celebra as festas de San Roque

A parroquia nigranesa de Camos celebra esta fin de semana as festas na honra de San Roque.

O venres 23 ás 10:30 da mañá entrará no recinto de festas a Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Mamede seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá un concerto a continuación e amenizará a verbena nocturna xunto coa orquestra Alabama.

O sábado 24 ás 10:00 da mañá entrará no recinto de festas a Banda de Música Unión Musical de Guláns. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Roque seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 18:00 horas comezarán as Grandes Cucañas, e pola noite, a Banda de Música e o grupo Reflexos amenizarán a verbena.