A AVTG convoca unha concentración diante da Delegación da Xunta en Vigo

A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar fai un chamamento á participación da veciñanza na concentración que terá lugar este xoves 22 de agosto, ás 9:30 da mañá, diante da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Informan de que para facilitar o desprazamento haberá coches compartidos que sairán ás 08:45 da estación de autobuses de Gondomar e que retornarán unha vez rematada a concentración. Os interesados poden anotarse no 616 96 40 27, chamando ou enviando un SMS ou WhatsApp. A AVTG entregará ademais as alegacións ao Plan de Transporte da Xunta.

Anuncios