Sin categoría

Últimos días para inscribirse no Campus de Ximnasia Rítmica de Baiona

O vindeiro luns arranca unha nova edición do Campus de Ximnasia Rítmica que organiza o club As Estelas en Baiona. O campus de Nigrán foi un éxito na súa primeira edición e as e os participantes pasáronllo xenial e gozaron aprendendo esta disciplina deportiva.

O de Baiona desenvolverase ata o venres 30 de agosto e está dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos. O corpo técnico encargado do campus estará formado por Lara Lorenzo como directora técnica, presidenta do club e Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e adestradoras de 1º e 2º nivel de ximnasia rítmica (Carla e Nahir), Licenciadas en Ciencias da Educación Física e do Deporte, TSAFAD e ximnastas nivel base.

Para inscribirse simplemente hai que acudir ao Pavillón Municipal de Baiona. O prezo do campus é de 40 euros. Máis información no teléfono 646 540 102 ou no correo electrónico clubasestelas@hotmail.com.