Sin categoría

O Bribón Movistar e o Estrella Damm serán premiados en Baiona como mellores barcos do ano

O Bribón Movistar e o Estrella Damm recibirán este ano dous dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda que se entregan o próximo 7 de setembro en Baiona no marco do 34º Trofeo Príncipe de Asturias que organiza o Monte Real Club de Yates.

O 6 metros que lidera o Rei Juan Carlos, foi distinguido co premio ao mellor barco do 2018 tras lograr o título de Campión de Europa na Trinité (Francia) e alzarse vencedor na Copa do Rei 2018.

Unhas vitorias que o monarca emérito asinou de man dunha tripulación que se mantén invariable durante gran parte da tempada dos 6 m, e que conforman Pedro Campos, Jane Abascal, Alberto Viejo e Roi Álvarez.

O Bribón Movistar, tamén coñecido como “Gallant”, é un 6 metros deseñado por Arvid Laurin, construído nos estaleiros Batbyggeri Neglinge de Estocolmo, botado en 1947 e adquirido por José Cusí en marzo de 2016, cando don Juan Carlos empezou a competir con el.

A súa maior vitoria logrouna en Vancouver (Canadá), onde en 2017 fíxose co Campionato do Mundo na división de clásicos. Un título que o equipo logrou revalidar este ano en Hanko (Finlandia).

Outro dos galardóns que se entregarán o próximo 7 de setembro en Baiona será o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor barco ORC da tempada, que recibirá o Estrella Damm dos armadores Nacho Montes e Óscar Chaves pola súa traxectoria deportiva en 2018.

O ano pasado, o DK 46 logrou a vitoria na clase ORC 1 da Copa do Rei, un título que xa conseguira en tres ocasións anteriores e que logrou revalidar neste 2019 na última edición da competición, celebrada o pasado mes de xullo.

Lucindo grímpolas do Real Club Marítimo e Tenis Punta Umbría e do Club Nàutic El Balís, e co olímpico Luis Martínez Doreste á fronte como patrón, o Estrella Damm Sailing Team está formado por Toni Rivas, Gonzalo Infante, Arturo Montes, Ricardo Terrades, Nacho Montes, Roberto Molina, Nacho Murube, Tunte Cantero, Carlos Santacreu, Paco Montes, Álvaro Fernández, Adolfo López, Aleix Gelabert, Josemi Segura e Óscar Chaves.