Peitieiros celebra a VII Semana Cultural e o XXVI Festival Folclórico Internacional

O vindeiro 24 de agosto, ás 19:30 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXVII Festival Folclórico Internacional. Neste ano 2019 conmemórase o 26 aniversario desta actividade que comezou a realizarse na parroquia gondomarense no ano 1993, tendo como grupo anfitrión a Ecos e Agarimos, grupo de Gaitas e Baile do Centro Cultural.

Nesta edición contarán coa presenza do grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsable de iniciar o Festival, cunha traxectoria de máis de vinte cinco anos é a escola de música e baile tradicional na parroquia. Estarán tamén os grupos: As Camoesas, panderetieras de Camos, Nigrán; Gamelinhas de Palme, Barcelos, Portugal; e pecharán os Folieros de Lavadores.

Mais, tamén contarán coa VII edición da Semana Cultural que comezará o vindeiro luns 19 de agosto coas seguintes actividades:

Luns 19: 19:00 h. Roteiro polo rego de Touteiras, co punto de encontro ás 19:00 horas no adro de Peitieiros.

Martes 20: 21:00 h. Da Paraguda ata as estrelas. Observación da posta de sol e das Perseidas no alto da Paraguda, a 600 m de altitude. Punto de encontro ás 21:00 horas no cruce da pista do Aloia, Para chegar: PO-340 Gondomar-Tui, entrar pola pista cara ao Aloia dende o San Antoniño, pasando a área recreativa do San Antoniño en dirección Tui, á esquerda e seguir 1,5 km. (https://goo.gl/maps/rwr5HhBWhf8mucPr9)

Mércores 21: 21:30 h. Teatro, grupo de teatro INDIGNATI, coa obra RATAS, no adro de Peitieiros.

Xoves 22: 21:30 h. Guillerme Ignacio e Xulia Feixóo, presentación de Mulleres de Gargamala, no adro de Peitieiros.

Venres 23: 22:00 h. Canto Tradicional: Grupo de Canto tradicional do CCV e Pandereteiras do Sobreiro, Borreiros, no adro de Peitieiros.

Desde Peitieiros, nas abas do Matalagartos, entre o Galiñeiro e o Aloia, convidan a todas e todos a que participen deste Festival.

Anuncios