O Concello de Nigrán e a Asociación Cultural As Angustias ofrecen esta fin de semana sendas actuacións de grupos folclóricos con motivo das festas patronais das Angustias ante a ausencia de comisión este ano e co obxectivo de que non se perda a celebración desta data tradicional en Nigrán.
Deste modo, o sábado ofrece no recinto das Angustias ás 20:00 horas a actuación de Treboada de Pinzás e Malas Herbas e o domingo a mediodía, despois da Misa Solemne das 12:00 horas, cantada pola coral Novos Aires, actuará a banda de música da Agrupación Musical de Belesar. Ademais haberá pulpeira.

