Curso de pilates no Centro Cultural Parada do Miñor

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza un curso de pilates a través do programa “Conectadas 2019” da Deputación de Pontevedra. O curso, que constará de 35 horas, desenvolverase os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas. O custo do curso completo é de 6 euros, e os interesados deben inscribirse no Centro Cultural, abonar a cota e entregar unha fotocopia do DNI. Máis información no teléfono 628 98 65 97.

Anuncios