O Centro Cultural de Baíña organiza unha excursión ás Illas Cíes

FOTO: TURISMO.GAL

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza o próximo 7 de setembro unha excursión ás Illas Cíes, con saída ás 10:40 da mañá desde Baiona e regreso previsto ás 19:00 horas. O prezo é de 10 euros (nenos ata 12 anos gratis). Os non socios deberán abonar 2 euros máis. Os interesados poden anotarse ata o 24 de agosto nos teléfonos 629 736 183 e 653 684 969.