Churrascada no Xogo dos Bolos de Baredo

A Comisión de Festas Virxe da Cela e o Carme de Baredo organiza este domingo 18 de agosto unha churrascada no Xogo dos Bolos. Os asistentes poderán degustar churrasco de porco, medio criollo e medio vermello, patacas, pan e bebida por 12 euros. Tamén haberá empanadas, pizza e sobremesas caseiras por 3 euros a ración. Pódense facer reservas nos teléfonos 680 424 719 (Susana), 607 801 782 (Javi) ou 615 853 643 (Tista).

Anuncios