Baiona celebra o seu XVII Concurso de Pesca Deportiva Infantil

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Concurso de Pesca Deportiva Infantil en Baiona.

A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona organiza este venres 16 de agosto a XVII edición do seu Concurso de Pesca Deportiva Infantil, que se desenvolverá no porto pesqueiro. A competición comezará ás 17:00 horas coa concentración dos participantes. 15 minutos despois entregaranse as bolsas para as capturas e o bocadillo, para ás 17:30 horas comezar o concurso, que se prolongará ata as 18:45. Ás 19:00 horas comezará a pesada na chaira do porto pesqueiro e ás 19:30 horas celebrarase a entrega de premios e agasallos.

Haberá tres categorías segundo as idades, Sub 8, Sub 12 e Sub 16, todas elas mixtas. O Torneo está totalmente subvencionado a través da Concellería de Deportes e sendo o número de prazas limitado, polo que animan aos interesados a formular as inscricións canto antes. Para inscribirse dirixirse ao Pavillón Municipal de Deportes de Baiona, chamar ao teléfono 986 356 558 ou contactar a través do correo deportes@baiona.org. Entregarase trofeo e medalla para os tres primeiros clasificados, premio ou trofeo á peza de maior peso e ao maior número de pezas, e agasallos para todos.