Actuación da escola de baile Galicia en Danza en Baiona

A Escola de Baile “Galicia en Danza” ofrecerá unha actuación este martes 13 de agosto, a partir das 23:00 horas, na Praza do Concello de Baiona. Os alumnos e alumnas da escola mostrarán o aprendido ao longo do curso con coreografías de todos os estilos, ballet, danza contemporánea, jazz, moderno, hip-hop, gym dance, breakdance, acro, carácter, national e canto.