A cervexa artesá e a comida de rúa fusiónanse no Val Miñor Fest de Nigrán

O Concello de Nigrán acolle dende o xoves 15 de agosto ao domingo 18 a terceira edición da Feira da Cervexa Artesá “Val Miñor Fest”, na Alameda de A Ramallosa. Os asistentes poderán degustar case 70 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos catro días, contando con cervexeiros artesáns vidos dende diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra como son :

• CERVEXA TRISK-ALE (BAIONA)
• CERVEXA SKYNET (OURENSE)
• CERVEXA THE ONE BEER (MADRID/ SANXENXO)
• CERVEXA SILVESTRES (PONTEVEDRA)
• CERVEXA NASA (PONTEVEDRA)
• CERVEXA O CORVO (VILA NOVA DE AROUSA)
• CERVEXA NOS (VIGO)
• CERVEXA BUBELA (LUGO)
• CERVEXA ALE ALE (UXES)
• CERVEXA GO! (MADRID)

Este festival de cervexa artesá virá para quedarse dende o xoves 15 de agosto ata o domingo 18 de agosto. Será a Asociación Galega de Cerveceiros Artesáns e Cervexas Trisk-Ale as encargadas de realizar este evento coa colaboración do Concello de Nigrán. A Asociación pretende dar a coñecer un produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura desta bebida.

Coma nos anos anteriores, habilitaranse stands na Alameda de A Ramallosa para poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá e contará con “food trucks” para poder maridar as cervexas con pratos gourmet (pizza artesá,hamburguesas con pan de masa nai, crepes, comida vegana, tex mex, comida alemá…).

Trátase dun festival de carácter familiar, que ten como obxectivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para os cativos, concursos… creando así un espazo cultural diferente. Contará novamente cun espazo de xogos populares de madeira para os mais pequenos (a rá, pica peixe, a chave, aros…) e diversos obradoiros infantís.

2019-08-13 - nigrán cartel2019-08-13 - programa Nigrán a6 (1)

Anuncios