Grandes festas na honra de Santa Marta no Burgo

O barrio do Burgo, na parroquia baionesa de Baíña, celebra os días 14 e 15 de agosto as grandes festas na honra de Santa Marta.

O mércores 14 ás 17:00 horas entrada e pasarrúas da Banda de Música Unión de Guláns, que ofrecerá un concerto ás 19:30 e amenizará a gran verbena nocturna, desde as 21:00 horas, xunto coa orquestra La Torre. Ás 00:00 horas terá lugar a gran tirada de fogos artificiais e de lucería a cargo da pirotecnia Argimiro Alborés de Parada.

O xoves 15 ás 10:00 da mañá fará entrada a Banda de Música de Candeán, que ofrecerá un pasarrúas e acompañará a Santa Marta durante a procesión, ademais de amenizar a verbena, que comezará ás 21:00 horas, xunto coa orquestra Tokio. Durante esta xornada haberá misas continuas cada hora desde as 8:00 ata as 11:00 da mañá. Ás 12:30 celebrarase a solemne, seguida da procesión, e pola tarde haberá misas ás 18:00, 19:00 e 20:00 horas.

Anuncios