O baionés Brais Gómez, terceiro no Gran Premio do Albariño

FOTO: ANDREA MERA GALLEGO // Brais Gómez, terceiro.

Brais Gómez Cima volveu subirse ao podio este sábado, no LI Gran Premio do Albariño disputado en Cambados. O baionés foi o terceiro clasificado na categoría Júnior, por detrás do seu compañeiro do Club Ciclista Ponteareas Manuel Rodríguez Alonso, que ocupou o segundo posto. Miguel Ángel Mera Gallego, do MMR- Academy, proclamouse campión da proba. A competición, organizada pola Federación Galega de Ciclismo, comezou ás 17:00 horas e contou con ao redor de 300 corredores inscritos, repartidos entre as categorías Promesa, Principiante, Júnior, Infantil, Cadete e Alevín.

Anuncios