Baiona proxecta “Jurassic World: El reino caído” no seu ciclo de cine ao aire libre

Baiona ofrece este luns 12 de agosto ás 23:00 horas a película “Jurassic World: El reino caído”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura. Unha erupción volcánica ameaza aos dinosauros restantes na Isla Nublar, onde as criaturas vagaron libremente durante anos tras da desaparición do parque temático “Jurassic World”. Claire Dearing, ex xerente do parque, agora fundou o Grupo de Protección de Dinosauros, unha organización dedicada a tentar preservalos. Cando a Claire ofrécenlle a oportunidade de rescatar algúns exemplares da illa, acode a Owen Grady, o ex adestrador de dinosauros que traballou no parque, para que a axude a evitar a extinción dos dinosauros.