Nigrán habilita o primeiro espazo de recreo para cans na Ramallosa

O Concello de Nigrán vén de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de “L” que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa. A superficie, de céspede natural, foi delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotouse a zona de sanecáns para depositar os excrementos e de máis bancos, proximamente o parque será mellorado con elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recorda as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estea sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconverter esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso. “Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans”, explica o alcalde

Anuncios