Máis de 1.500 pratos de ovos fritos con chourizo na Carrasca

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca pechou este venres a súa Semana Cultural coa celebración da festa gastronómica de ovos fritos con chourizo. Máis de 1.500 persoas achegáronse ata o “ Xogo dos Bolos” da Praza da Carrasca para degustar o típico prato. O evento, que cumpriu a súa IX edición, estivo amenizado polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” da Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros.

Anuncios