Tres feridos leves nun accidente de tráfico en Nigrán

Tres persoas resultaron feridas leves este venres nun accidente de tráfico ocorrido en Nigrán. O suceso produciuse pasadas as 9:00 da mañá na PO-340, estrada que une A Ramallosa e Gondomar. Ao parecer, un camión que se atopaba descargando maquinaria obstruía a visibilidade no cruzamento da Avda. de Portugal con Aldea Areosa. Un mozo, que circulaba por esta última, asomou o morro do vehículo para dirixirse a Gondomar cando xusto pasaba o outro coche, sen posibilidade de evitar o impacto. Tanto o mozo, de Gondomar, como os ocupantes do outro vehículo, unha parella maior da zona de Mos, foron trasladados polos servizos de emerxencia. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico, que tivo que regular a circulación ata a retirada dun dos vehículos.

Anuncios