A Piscina Mancomunada do Val Miñor seguirá aberta durante todo agosto

A Piscina Mancomunada do Val Miñor manterá abertas as súas portas durante todo o mes de agosto ao contrario de anos anteriores que se pechaba por mantemento. Segundo indican desde a dirección, “o bo estado da instalación, permite permanecer abertos mentres se realizan traballos de mantemento programados”. Así a piscina e ximnasio seguirán ofrecendo os seus servizos este agosto co horario de xullo: de luns a venres de 06:45 a 23:00 horas, sábados de 09:30 a 14:15 horas e de 16:00 a 20:45 horas; e domingos de 09:30 a 14:15 horas.

Ademais durante este mes de agosto xa se poden reservar as prazas para a escola de natación da instalación. A escola baséase no programa avalado pola Real Federación Española de Natación “Nadar é vida”. Trátase dunha renovada metodoloxía de ensino que garante a aprendizaxe da natación aos nenos de forma correcta e mantendo o seu nivel de motivación a través de premios por consecución de obxectivos. Tamén están abertas as reservas para os grupos de pilates, natación para adultos, costas ou ciclo indoor.