Continúa o ciclo de “Cine na Rúa” en Gondomar con “Peter Rabbit”

Gondomar ofrece este venres 9 de agosto a película “Peter Rabbit”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación “Cultura de Verán” organizada pola Concellería de Cultura. A proxección comezará ás 22:00 horas no Parque Ponte das Rosas. Adaptación do conto clásico de Beatrix Potter dun coello rebelde e do máis revoltoso que tenta facerse co control da horta dun granxeiro.

Anuncios