A Carrasca celebra a súa novena festa de ovos con chourizo

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza este venres 9 de agosto a festa gastronómica de ovos con chourizo no “Xogo dos Bolos” da Praza da Carrasca a partir das 21:30 horas. O evento, que cumpre a súa IX edición, estará amenizado polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” da Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros.

Anuncios