Sin categoría

Xeira polo Monte Real de Baiona

O xoves 8 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de Verán 2019 do IEM, organizada coa colaboración do Concello de Baiona e titulada “Paisaxes imaxinadas dende o Monte Real de Baiona”. O punto de encontro será ás 18:30 horas na Capitanía Marítima, onde haberá unha conferencia previa á visita, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos, cunha duración aproximada de 3 horas. O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos.