Tino Baz presenta o seu disco homenaxe a Rosalía de Castro cun concerto en Baiona

O cantautor guardés Tino Baz presenta este xoves 8 de agosto o seu novo disco “Si cantan, es ti que cantas…”, homenaxe a Rosalía de Castro, cun concerto na Praza do Concello de Baiona, ás 23:00 horas, incluído no programa Baiverán 2019, organizado pola Concellería de Cultura.

Baz, recoñecido mestre de gaita e pandeireta, conta cun amplo repertorio, resultado das súas propias creacións, das súas particulares adaptacións de pezas populares e da musicalización de poesías de Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Bernardino Graña ou Manuel María, entre outros autores.