Actuación de “Ecos e Agarimos” na Carrasca

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, continúa este mércores 7 de agosto a súa XXVI Semana Cultural. Ás 21:30 horas actuará o Grupo de Gaitas e o Grupo de Pandereteiras “Ecos e Agarimos” do Centro Cultural de Peitieiros.

Anuncios