O porteiro Óscar Matilla súmase ao proxecto do Gondomar CF

O porteiro de 22 anos Óscar Matilla Vicente, natural de Vigo, convértese na undécima fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Independiente e Colegio Hogar, xogou como sénior no Peñasco e no Casablanca, equipo do que provén logo dunha moi boa tempada.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostatei por vir ao Gondomar esta tempada porque creo que é un proxecto ilusionante, e a verdade é que estou encantado de formar parte diso, e desde xa para coller forzas para buscar o obxectivo. O que máis me chamou a atención do Club é o proxecto que me expuxeron, e a gran ambición que ten o club de facer as cousas ben. Á afección diríalle que confíen en nós, que con traballo e esforzo van chegar os resultados para cumprir os obxectivos”.

Anuncios