O Baíña Fútbol Sala, en colaboración co Concello de Baiona, organiza os próximos días 31 de agosto e 1 de setembro un Torneo de Fútbol Sala para Veteranos no Pavillón Municipal de Deportes da Real Vila. Poderán participar xogadores de 30 anos ou máis. A competición contará con árbitros e seguro, cun custe de inscrición de 50 euros por equipo. Os interesados poden anotarse no teléfono 620 301 515 (Lorenzo) antes do 20 de agosto.
Inscricións abertas para participar no Torneo de Veteranos do Baíña FS

