Ciclismo Oiense suma e segue

Este domingo 4 de agosto foi outra das xornadas máis intensas do ano para Ciclismo Oiense. Os corredores Elite e Máster dividíronse en dúas frontes. Aser Estévez, Rubén Goce e Sergio Ferreira desprazáronse a Baños de Molgas (Ourense) para correr no Campionato do Mundo Open de Fondo, unha proba de 73 quilómetros sen apenas chairos. A carreira foi moi rápida e nos primeiros quilómetros rompeu en dous o pelotón. Un grupo de dez corredores escapábase, entre eles Aser, e facían camiño na cabeza. Por detrás Sergio e Rubén no grupo principal esperaban a súa oportunidade e controlaban a carreira. A ascensión final ao Alto das Pías e a presenza da calor terminaron endurecendo a proba ourensá. Estévez logrou impoñerse ao sprint do pelotón e subir ao podio como terceiro clasificado na categoría de Elite e Sub-23. Goce e Ferreira completaban a proba no grupo principal mostrando o seu gran estado de forma.

Outra representación de Ciclismo Oiense estivo en Andorra disputando a prestixiosa Marcha de Purito Rodríguez “La Purito”, unha das máis duras do panorama nacional polo seu percorrido montañoso e o desnivel acumulado. Cristian González, David Vieites e Luís Vieites deron presenza a Ciclismo Oiense en terras andorranas.

Anuncios