O Liceo Marítimo de Baiona acolle o ciclo de conferencias “Encontros no Liceo”

O Liceo Marítimo de Baiona acollerá durante o mes de agosto o ciclo de conferencias “Encontros no Liceo”. As charlas celebraranse cada luns ás 20:00 horas presentadas por Luís Carlos de la Pena. O día 5, José Manuel Otero Novas, Ministro da Presidencia e de Educación nos gobernos de Adolfo Suárez, falará sobre a “Actualidade da Transición política española”. O luns 12, Gustavo Garrido, da Fundación Carlos Casares, falará de “Torrente e Casares, un diálogo infinito”. O día 19 será a quenda de Román Pereiro, impulsor do grupo Atlántica, e Adolfo Sobrino, galerista, que ofrecerán o relatorio “Atlántico: 40 anos de plástica contemporánea”. O luns 26, os Doutores Aniceto Charro Salgado e Lorenzo Pousa Estévez pecharán o ciclo de conferencias falando de “Nutrición e Dieta Atlántica”.