Bolos Xunqueira de Gondomar proclámase campión da Copa de España de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Bolos Xunqueira A de Gondomar.

Esta fin de semana celebrouse en Camos-Nigrán a Copa España de bolo celta por equipos. Participaron un total de 52 equipos de Asturias, Galicia e Madrid. Tras as fases de clasificación do sábado e as eliminatorias do domingo o resultado final foi o seguinte:

  • CAMPIÓN: Bolos Xunqueira A de Gondomar.
  • SUBCAMPIÓN: Bolos Belesar Urgal A de Baiona.
  • TERCEIRO: Bolos Belesar Urgal B.
  • CUARTO: Bolos San Cibrán de Gondomar.
  • QUINTO: Bolos Xunqueira B de Gondomar.
  • SEXTO: Bolos Mañufe de Gondomar.
  • SÉPTIMO: Bolos Iniciadora de Nigrán.

A próxima cita será o próximo fin de semana en Asturias coa disputa dos Campionatos de España de parellas de primeira e segunda categoría.

BOLOS BELESAR URGAL A DE BAIONA
FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Bolos Belesar Urgal A de Baiona.
Anuncios