A Garda Civil localiza un cultivo “indoor” de marihuana nunha vivenda en Gondomar

Efectivos da Garda Civil de Gondomar investigaron a dous veciños do mesmo municipio como supostos autores dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, como presuntos responsables dunha plantación “indoor” de marihuana que se localizou nunha vivenda que tiñan alugada no municipio de Gondomar.

Actuacións

As investigacións iniciáronse o pasado mes de xuño cando a Garda Civil ten sospeitas dunha plantación de marihuana no interior dunha vivenda situada no municipio de Gondomar. As xestións realizadas polos axentes permitiron determinar que a vivenda estaría a ser utilizada por dous mozos, unicamente para fins de cultivo desta substancia e cuxo consumo de electricidade superaba notablemente ao dunha vivenda de uso residencial.

Unha vez obtidos os indicios que evidenciaban a existencia deste cultivo, o pasado luns a Garda Civil procedeu á fase de explotación da operación interceptado un vehículo que saíra da casa, onde se atoparon restos de terra e algunhas follas secas de marihuana.

Concluíu a operación coa entrada e rexistro no inmoble, no que se puido observar que a maior parte das estancias estaban destinadas a esta actividade e contaban cos elementos necesarios para iso: lámpadas halóxenas, extractores de aire, temporizadores de temperatura, envasadoras ao baleiro, deshumidificadores, máquinas picadoras, estufas eléctricas, etc.

No interior da vivenda púidose observar que a plantación xa fora colleitada, pero aínda quedaban algúns restos e puidéronse intervir as seguintes cantidades de marihuana:

– 50 paquetes de cogollos, envasados ao baleiro, con 100 gramos cada un.

– Unha bolsa de plástico con outros 175 gramos de cogollos e 125 gramos máis esparexidos polo chan.

– 25 focos de alta potencia.

Plan provincial contra o tráfico e consumo de estupefacientes

Con esta actuación, enmarcada dentro dos servizos que a Garda Civil de Pontevedra ten activados para a detección e erradicación de puntos de produción, venda e distribución de substancias estupefacientes, evitouse que as doses que se puidesen obter da marihuana intervida destináronse ao tráfico de drogas (menudeo).

Dilixencias

As dilixencias instruídas polos efectivos da Garda Civil, xunto cos efectos intervidos, foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberán comparecer os investigados cando sexan citados.

Anuncios