O alcalde de Baiona reúnese con empresarios para tratar o mal uso do servizo de lixo

O alcalde de Baiona, a concelleira de Medio Ambiente e o concelleiro de Seguridade Cidadá, reuníronse con algúns empresarios da Vila para tratar a problemática do mal uso do servizo de lixo.

Nos días previos a esta reunión detectáronse comportamentos incívicos e un mal uso deste servizo esencial como, por exemplo, o depositar bolsas e sacos de lixo no chan no canto de en os contedores baleiros, o ensuciar o chan cun regueiro que gotea das bolsas, etc.

Carlos Gómez comunicou os feitos a estes empresarios coa intención de liquidar os problemas que se están xerando e evitar as posibles sancións. Preténdese concienciar tanto a empresarios como veciños para o uso correcto do servizo de recollida de lixo.

Anuncios