Baiona organiza tres obradoiros para aprender valores xogando

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, informa que aínda quedan prazas vacantes para participar nos obradoiros “Xogando aprendemos valores” que se desenvolverán no mes de agosto. Trátase dunha proposta didáctica, para promover o coñecemento e interiorización de valores que favorecen relacións máis xustas e igualitarias entre os sexos e as persoas, de culturas, tradicións e orixes diversas, a través de dinámicas lúdicas e participativas utilizando novas metodoloxías didácticas de LEGO®education.

As datas e horarios son os seguintes:

· Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 5 a 7 anos, desenvolverase o 6, 7, 8, 9 e 12 de agosto en horario de 10:00 a 12:00 horas.

· Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 8 a 10 anos, desenvolverase o 13, 14, 19, 20 e 21 de 10:00 a 13:00 horas.

· Obradoiro dirixido a rapaces e rapazas de 11 a 13 anos, desenvolverase o 22, 23, 26, 27 e 28 en horario de 10:00 a 13:00 horas.

A actividade é gratuíta e cofinanciada pola Deputación de Pontevedra. Impartiranse nunha aula da biblioteca municipal. Para inscricións e información contactar co Centro Municipal de Información á Muller sito na rúa Dolores Agrelo, primeira planta do Centro Sociocomunitario de Baiona, ou no teléfono 986 357 554.

Anuncios