Rescatan da auga a unha nena na Praia da Barbeira

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha nena de tres anos e natural da parroquia de Belesar foi rescatada esta tarde da auga na Praia da Barbeira, en Baiona. Os feitos ocorreron ao fío das 16:30 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Unha vez sacada da auga foi reanimada e trasladada primeiro ao Centro de Saúde do Val Miñor e posteriormente ao centro hospitalario vigués de Povisa. Ata o lugar dos feitos desprazáronse os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Nigrán e persoal de salvamento.