Espectacular broche de ouro nas festas de Praia América con París de Noia

A orquestra París de Noia puxo o luns o broche de ouro ás grandes festas na honra da Virxe do Carme de Praia América, en Nigrán. A Comisión de Festas cifra en máis de 15.000 as persoas que asistiron á verbena celebrada no campo de fútbol de Lourido. Antes actuou o grupo Aramio e tivo lugar a gran tirada de fogos de lucería a cargo de Argimiro Alborés, que se prolongou durante preto de 15 minutos.

As festas deste ano contaron coas actuacións dos grupos Arco Iris de Portugal, Ritmo e Noche de Estrellas, ademais da orquestra Pontevedra. Non faltaron as atraccións, os postos de venda, as grandes cucañas para os nenos e a habitual Misa Solemne, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión Musical de Coruxo, celebrada o domingo pola mañá.

A Comisión de Festas afirma que tras realizar unha enquisa entre os asistentes, unhas 5.500 persoas mostráronse a favor da continuidade das festas na actual localización.

2019-07-31 - WhatsApp Image 2019-07-31 at 18.18.04

Anuncios