
O Concello de Baiona informa que está aberto o prazo de inscrición para poder participar nas tradicionais cucañas marítimas que se organizan anualmente o primeiro domingo do mes de agosto, dentro da programación da Festa da Anunciada, que este ano coincide o día 4, ás 17:00 horas, no porto pesqueiro. Consiste en deslizarse por un pau engraxado e coller a bandeira que se atopa ao final do mesmo, onde os mozos e as mozas máis habilidosos demostrarán o seu sentido do equilibrio, antes de caer á auga. Establécense dous premios: bandeira normal (10 euros) e bandeira especial (20 euros). As inscricións formalizaranse na Concellería de Cultura, sita na 2ª planta da Casa do Concello ata o venres 2 de agosto. Máis información no teléfono 986 385 921.