Esta fin de semana celebrouse no Auditorio Municipal do Concello de Nigrán o V Torneo de Xadrez Val Miñor, disputado a seis roldas entre o sábado e o domingo, no que participaron 68 xadrecistas. Proclamouse campión por tercer ano consecutivo o xogador do Xadrez Mos Brais Otero, rematando na segunda posición o laroqueiro Francisco Rego, e na terceira Isidro Luis Durán de Xadrez Altamira.
O primeiro na categoría sub 1800 foi o laroqueiro José Manuel Ben, o primeiro na categoriá sub 1600 foi o xogador do lucena Javier Araújo, na categoría sub 16 gañou o laroqueiro Ricardo Fernández, na categoría sub 14 Javier Caudet do Xadrez Lucena, na de sub 12 o primeiro clasificado foi o xogador do Xadrez Mos Sergio Pérez, e na categoría sub 10 o cambadés do Fontecarmoa César Oubiña.

