Dúas xogadoras do Turonia GFG, no Mundial de Fútbol Gaélico coa Selección Galega

FOTO: TURONIA GFG // Loles e Silvia.

Dúas mozas do equipo feminino do Turonia GFG xogarán coa Selección Galega de Fútbol Gaélico no Mundial que se celebra en Waterford e Dublín do 28 de xullo ao 2 de agosto. Son Loles e Silvia, dianteira e gardameta respectivamente, que o venres partiron rumbo a Irlanda co resto de convocadas. “Non podemos estar máis orgullosos no Turonia GFG. Tan só despois dun ano da fundación do club contamos xa coa honra de ter na Selección Galega Feminina de Fútbol Gaélico a dúas das nosas bravas Turoniáns. Son moi grandes e han de facer un gran papel nos GAA World Games”, sinalan desde o equipo miñorano.

Anuncios