Este venres finalizou o I Campus de Deportes Náuticos Concello de Nigrán, unha das actuacións que conforman o proxecto do Club Marítimo de Panxón #SéAuga e no que participaron un total de 31 nenos de idades comprendidas entre os 5 e 16 anos. Á intensa actividade náutica desta semana no club hai que sumar os 37 alumnos da Escola de Vela e outros 15 alumnos repartidos entre as escolas de Pádel Surf, Piragüismo e Windsurf.
Desde que o pasado 1 de xullo poñíanse en marcha as escolas náuticas do Marítimo de Panxón máis de 250 nenos gozaron do mar e das súas renovadas instalacións. #SéAuga pretende crear un sentimento que convide a nenos e maiores a gozar dos deportes náuticos, co obxectivo prioritario de ser unha escola de aprender a gozar da auga, de aprender a gozar do mar, para despois aprender a gozar dos deportes náuticos no seu concepto máis global e multidisciplinar.
Para recibir máis información ou inscricións nos cursos que celebran semanalmente está dispoñible o correo escuelas@cmpanxon.es ou o teléfono 986 368 365. Tamén está aberta a inscrición no Campamento Ecolóxico “Síntete descubridor no Marítimo de Panxón”, que se celebrará do 5 ao 9 de agosto, e no segundo Campus de Deportes Náuticos a celebrar do 12 ao 16 de agosto.









